vixilia-a-derradeira-noite-1

Desde a Parroquia María Auxiliadora de Vigo. organizamos unha vixilia xuvenil en colaboración coa Asociación Xuvenil Abertal e o Colexio María Auxiliadora para o venres 18 de marzo.

Esta vixilia é de carácter xuvenil pero poden acudir todo tipo de idades. A linguaxe vai ser máis actual, viva e visual. Trátase de acompañar a Xesús na súa derradeira noite na terra.

Tentar revivir aqueles sentimentos que puido vivir Xesús en Getsemaní (Soidade, incerteza, medo, confianza, fe...).Todo isto farémolo con cancións, performance, poesía, interpretación, danza, oración...

Esperando a vosa presencia deixámosvos co cartel da mesma vixilia.