aguinaldo2012

Bicentenario Don Bosco

Marco das Xornadas de Clausura do Bicentenario

A enteira Familia Salesiana e todas as realidades sociais, educativas, asociativas... a ela vencelladas, están a celebrar a clausura do segundo centenario do nacemento de Don Bosco, o seu fundador.

A creatividade e paixón polo ben da mocidade deste crego turinés foi tanta que deu vida a una manchea de iniciativas formais e non formais de educación e promoción da xente moza, sobre todo daquela máis necesitada: centros de tempo libre, escolas, teatro, música, talleres de formación profesional, promoción da evanxelizacion,...

Entendemos que a mellor celebración e homenaxe que podemos realizar é sen dúbida renovar o noso compromiso coa mocidade e coa promoción de cantas iniciativas de ben e futuro para ela poidamos artellar e colaborar.

Para tal fin organizamos estas xornadas na Aula Magna do Colexio Salesiano "María Auxiliadora":

25 de xaneiro de 2016 - 19,30hs:

"Tempo libre e mocidade"Interveñen: Valedor do cidadán, Concello, Universidade e Federación Don Bosco

26 de xaneiro de 2016 – 19,30hs:

"Mocidade e migración"Interveñen: EAPN, Teranga (fund. Juan Soñador), Proxecto Casa, Diocese, Colexio 'Santa Cristina'

27 de xaneiro de 2016 – 19,30hs:

"Unha evanxelización ao servizo da mocidade"Interveñen: Parroquia urbana, Parroquia rural, Escolas Católicas, Formación Profesional, Educación na fe no Tempo Libre, experiencia de Taizè e 'A Raíña'.

 

 

 

admaonline

caritas_parroquial

admaonline

Próximos eventos

Sin eventos

Suscripción Boletines

Acceso privado